Preparación del terreno - Bosque de la biodiversidad

Plantaremos máis de 1000 árbores
Ir ao contido

PREPARACIÓN DO TERREO
Cos datos obtidos do levantamento topográfico teremos ben definidas as concas hidrolóxicas e estaremos en condicións de mover a auga á nosa conveniencia, segundo o plan preconcibido, e de crear pequenas charcas, zonas secas ou húmidas, etc. É dicir, de poñer en práctica o que planificamos, co que imos crear en cada zona as condicións adecuadas para as plantacións previstas.
Comezaremos por trazar as liñas clave e axustarémolas para, segundo o tipo de terreo, levar a auga da choiva na dirección desexada. A auga sobrante será "plantada" para crear máis humidade no chan e, por conseguinte, incrementar a produción de materia orgánica para mellorar a nutrición das plantas mediante o proceso natural de humidificación en superficie. A materia orgánica, ao tempo que nutre, fixa humidade ao reducir as necesidades de rega nas épocas de maior escaseza. Esta materia orgánica en descomposición constitúe un substrato natural idóneo para o desenvolvemento da flora e fauna complementarias.
Nesta fase tamén acometeremos outras dúas accións importantes, desas que non se ven pero que son necesarias para un óptimo resultado final. A primeira é instalar un peche perimetral do conxunto, con malla gandeira, e mantelo ata que a vexetación está ben asentada, xa que na zona hai moito gando en liberdade e farían inviables as plantacións; cando estas vaian asentando, xa non constituirán un problema, senón mesmo unha vantaxe.
A outra obra son as gabias para instalar tanto a auga de rega, como a electricidade e os cables de son que logo imos utilizar. Se non o facemos agora e o deixamos para máis adiante, sería á conta de importantes estragos.

Custo estimado para esta sección: 28.000 euros
Tempo estimado de execución: 35 días
Web Master Enrique Banet
Volver ao contido